Pure Journalism

A ética de BuzzFeed

BuzzFeed, a plataforma que sinala o novo roteiro do xornalismo na Rede, comeza a manifestar serios problemas éticos no tratamento da súa información. Lembremos que as marcas de identidade deste cibermedio estadounidense pasan inexorablemente pola teoría do espello, coñecida hoxe popularmente como fenómeno da viralización.

Do mesmo xeito que moitos espazos de innovación xornalística, BuzzFeed nace como laboratorio de investigación dos novos hábitos de consumo da información. E o seu éxito está a acadar tal magnitude que moitos dos medios de cabeceira están a tomar exemplo dos achádegos da creación de Jonah Peretti.

Jonah Peretti (1974), é un dos novos gurús do emprendemento xornalístico en Internet. Graduado pola University of California, comezou a súa carreira profesional como co-fundador do The Huffington Post, a carón de Kenneth Lether e Arianna Hufington. En 2011, trala súa saída do dixital, ideou un xeito de poñer en práctica algunhas das teorías que levaba anos investigando no Eyebeam Art and Technology Center, as denominadas como “Bored-at-work”, e que simbolizan un novo paradigma de usuario de Internet. Fundou BuzzFeed.

url

A nova web medrou en popularidade cando adiantou do republicano John McCain ao seu compañeiro Mitt Romney na convención dos republicanos en 2012. Un aumento exponencial das inversións paralelo ao de visitas levou a que na actualidade BuzzFeed estea valorado en preto dun billón de dólares.

Mais o éxito non está exento de dificultades. A plataforma acumula críticas polo know-how pouco ortodoxo. Un exemplo: unha cantidade importante de fotografías foron publicadas sen atribución á autoría. O rápido crecemento da compañía impediu a elaboración dun libro de estilo axeitado a duns códigos editoriales precisos.

Coa intención de paliar o problema, unha das editoras xefe, Shani O. Hilton, vén de publicar un manual a seguir polos redactores. Nel, realiza unha división das tres áreas da web: Noticias, Buzz e Sociedade. Aclara que a información empregada deberá provir de fontes verificadas —Wikipedia e semellantes fican excluidas— e establece uns patróns claros para citar. Entre outros, tamén fixa unhas regras para o fact-checking, unha tendencia que está a pegar forte mais que non ten trazos distintivos da tradicional tarefa de contrastación da información.

De agora en diante, os pseudónimos fican prohibidos para BuzzFeed mentres que recomenda aos redactores que realicen personalmente as entrevistas, no canto de empregar o email ou ás redes socias para o envío de formularios. No que respecta aos agasallos, todo aquel presente que supere os 25 dólares de prezo, a súa aceptación debe ser sometida ao beneprácito do editor correspondente. Se se trata agasallos non vinculados coa cultura, como libros ou DVD, BuzzFeed decidirá entre a súa devolución ou doazón.

Estes son algúns das indicación a seguir por parte dos traballadores deste particular medio. Tanto é o éxito do laboratorio de Peretti, que o mesmo The New York Times está á procura de profesionais que respondan ao perfil de creadores de información viral. Máis aínda despois de ollar os resultados do seu informe de innovación, o NY Times Innovation Report, e o descenso do impacto da Gray Lady en Internet.

nyt-innovation-lessons

Neste momentos, a compañía está a dar pasos para lavar a cara a un portal que, ata o momento, era popular polos seus vídeos cómicos e os seus artigos sementados de listas banales. A intención dos directores é achegarse a un xornalismo rigoroso sen dar ás costas á viralidade que tan bo resultado lles está a dar. Para iso, contratou a Ben Smith, antigo plumilla en Politico.com e encargado de escribir soops e historias políticas de alcance. Nesa dirección, correspondentes do londinense The Guardian tamén fixeron ás maletas para incorporarse a BuzzFeed.

A viralidade enfrontada coa ética. Unha empresa difícil da que BuzzFeed —paradoxalmente— está a aprender dos medios tradicionais. Ata o de agora, 4.000 post foron enviados á papelera de reciclaxe, nunha clara maniobra de Peretti por tomar posicións no mundo do xornalismo (serio).

Imaxe destacada: Brendan Mcdermid (Reuters)

Estándar
Debate, oratoria, Pure Journalism

La Importancia de contar historias

Hace unas semanas, participé en el I certamen de discursos motivacionales “Transmito, luego ¡existo!, organizado por los compañeros del Grupo Oddball y apoyado por Clube Debate Compostela (CDC), al que pertenezco, junto con la Fundación Abanca (Afundación), la escuela de oratoria Eloqüencia y RedBull.

Mi charla “Contar historias”, cuyo borrador podréis leer aquí (Contar historias),  me valió para ser semifinalista del torneo. Creí que lo mejor era trasladar la pasión por hacer llegar información a la gente con un recorrido por el pasado hasta llegar a la creciente necesidad de buen periodismo. Este es el vídeo del primero de mis tres turnos de intervención:

Este tipo de charlas, inspiradas en el popular formato TED, giran entorno a la motivación, el liderazgo, nuevos proyectos y las ideas para un mundo nuevo. En definitiva, la formación “transversal” muchas veces ausente en las aulas de la Universidad.

 Imagen destacada: Transmito, ¡luego existo!

Estándar